Sunday 28 de April de 2024

O Partido Popular insta á reparación urxente dos accesos ao parque das Trece Rosas tras os últimos derrumbamentos en Santa Cruz


AS PRECIPITACIÓNS DOS ÚLTIMOS DÍAS PROVOCARON O ESBORRALLE DE PARTE DO NOIRO E POÑEN EN RISCO A SEGURIDADE DOS VECIÑOS NAS ESCALEIRAS DE ACCESO Ao PARQUE DAS TRECE ROSAS DESDE O PASEO DE SANTA

O Partido Popular reclama medidas urxentes que garantan a seguridade dos usuarios #ante os riscos visibles que as choivas rexistradas nas últimas semanas ocasionaron no acceso ao Parque das Trece Rosas. Ao derrubamento parcial do bordo do noiro, únese agora a falta de seguridade das escaleiras de madeira que permiten o acceso ata o carreiro que comunica co parque.
“A xuízo do Partido Popular, a situación é suficientemente alarmante como para que o Alcalde deixe ao carón os seus conflitos competenciais con Costas e impleméntense con urxencia as medidas preventivas necesarias que garantan a seguridade dos oleirenses, antes de que teñamos que lamentar desgrazas persoais”, declarou a este respecto a portavoz municipal Loli Silva, que chegou a publicar nas redes sociais do PP de Oleiros un vídeo onde a propia portavoz mostra sobre o terreo o estado actual dos accesos tras os derrubamentos rexistrados nos últimos días.
“A próxima semana presentaremos un Rogo no Pleno para que se incremente o gasto en mantemento deste tipo de infraestruturas e garantir así que o Concello cumpre coa súa obrigación básica de velar pola seguridade dos seus propios veciños”, concluíu a súa declaración a portavoz Loli Silva.